Saturday 20 de April de 2024

A Pobra acolle unhas probas de atletismo en pista ao aire libre


O estadio municipal da Alta, na Pobra do Caramiñal, será escenario dunhas probas de atletismo en pista ao aire libre que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Deportiva Escolar As Rías, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)- e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

Esta cita deportiva desenvolverase nos días 27 de novembro e 18 de decembro e comprenderá as categorías benxamín/benxamina, alevín/alevina e infantil. A xornada do día 27 está prevista que transcorra en horario de 10.00 a 15.00 horas. Comprende as probas de 50, 60, 80, 150 e 500 metros lisos, así como relevos.

Darase cumprimento ao protocolo establecido por mor da COVID-19.